Castro de Riotorto
Coordenadas: 43°15′24″N 8°36′31″O / 43.256666666667, -8.6086111111111
Castro de Riotorto | |
---|---|
Parroquia | Cabovilaño |
Concello | A Laracha |
Provincia | A Coruña |
Comunidade autónoma | Galicia |
Id. catálogo | GA15041004 |
Cronoloxía | |
Períodos de escavación | 1992 |
Estado actual | Desaparecido |
Véxase tamén | |
Castros de Galicia |
O castro de Riotorto, tamén chamado Os Castros ou o Petón do Castro, era un castro situado na parroquia de Cabovilaño, no concello coruñés da Laracha.
Morfoloxía[editar | editar a fonte]
O sitio arqueolóxico foi destruído polos movementos de terras derivados das obras de construción da autovía AG-55, entre A Coruña e Carballo. Consérvase só unha pequena parte do recinto, pero non é accesible.
Constaba dun único recinto fortificado de forma ovalada protexido por un terraplén de 5 metros de altura. A croa estaba protexida polo leste por un pequeno antecastro rodeado por un parapeto de metro e medio de altura exterior.
As dimensións do conxunto eran de 52 metros no eixo norte-sur e 75 no leste-oeste.
Arqueoloxía[editar | editar a fonte]
Foi escavado por un equipo de arqueólogos dirixido por Purificación Soto Arias en 1992, con motivo das obras da autovía.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Outros artigos[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Catálogo de elementos a protexer ou a recuperar[Ligazón morta]. Revisión do PXOM de Abegondo. Outubro 2010